Inicio Últimas Noticias O aeroporto de Vigo contará “cunha pista de aterraxe nova” tras unha...

O aeroporto de Vigo contará “cunha pista de aterraxe nova” tras unha remodelación “programada a enorme velocidade”

Abel Caballero trasladou esta mañá a súa valoración respecto a “gran mellora” coa que contará a terminal viguesa, cun investimento de 23,6 millóns. A reforma obriga á “suspensión da actividade” ata finais do mes de maio.

O aeroporto de Vigo suspende a súa actividade dende hoxe e ata o vindeiro 30 de maio, con motivo dos traballos de remodelación da pista aterraxe, sobre a que o rexedor salientou que será practicamente “unha pista nova”.

O Goberno de España destina á adxudicación desta reforma 23,6 millóns de euros, que será “unha gran mellora”. Deste xeito non contaremos “cos sobresaltos” actuais, xa que “o río Lagares esta debaixo da pista, e entre a humidade; o calor e as chuvias deste ano”, provocaban desperfectos. “A finais de este mes retomará a súa actividade”, tras unha remodelación “programada a enorme velocidade”.

Leer más:   “Vigo Mundo Xogo” chega á Porta do Sol


- Te recomendamos -
Artículo anteriorQue Faena(r)!, pavillón temporal do Festival TAC na Porta do Sol
Artículo siguienteArrancan as XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar