Gozar da interpretación escénica, aprender a estar nun escenario e a expresarse en público. É a recomendación que deu hoxe o alcalde aos alumnos que representaron no Auditorio Municipal as súas obras dentro das “XIV Xornadas Municipais de Teatro Escolar”, organizadas pola Escola Municipal de Teatro. Este martes os estudantes do colexio Mestres Goldar representaron a obra “Vigo – Paris’, seguidos dos do CEIP Lope de Vega con “Se eu tivera unha púa” e do CEE Saladino Cortizo coa obra “Limón”. Preto de 1100 alumnos e alumnas formarán parte desta experiencia teatral como actores e como público.