Inicio Últimas Noticias O Ministerio de Industria adxudica 29 millóns de euros a Stellantis Vigo...

O Ministerio de Industria adxudica 29 millóns de euros a Stellantis Vigo do PERTE VEC II

O ministro, Jordi Hereu, tamén notificou que a semana que vén, Industria lanzará a terceira convocatoria do PERTE VEC dotada con 300 M€. “O PERTE VEC III completará o que Stellantis necesita para o seu proxecto”, indica Caballero.

Abel Caballero quixo recoñecer hoxe a achega de 29 millóns de euros que realiza o Ministerio de Industria a Stellantis Vigo, a través do PERTE VEC II, “que son moi importantes para a planta de Vigo”.

“No terceiro PERTE haberá unha asignación a Stellantis Vigo, que completará a cifra que precisan para levar adiante o proxecto do Vehículo Eléctrico e Conectado”, aclarou o rexedor olívico. “Isto garante que Stellantis estará en Vigo os vindeiros 50 anos”, xa que nestes intres tamén “temos en marcha a liña de Moi Alta Tensión eléctrica”, presupostada en 72 millóns de euros polo Goberno de España.

Leer más:   O MARCO celebra o Día Internacional dos Museos con actividades de educación, cine e robótica


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAs escaleiras mecánicas de Porta do Sol amplían o seu horario os sábados ata ás 02:00h
Artículo siguienteO rexedor asiste á conmemoración do Día de Europa