Categorías: Últimas Noticias

Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos

Abel Caballero deu a coñecer esta mañá a sexta confirmación dos concertos de verán de Castrelos, no que o “músico portorriqueño” exporá “os seus 25 anos de traxectoria”.

“O martes 23 de xullo teremos ao cantante portorriqueño Luis Fonsi no Auditorio de Castrelos”,anunciou o rexedor vigués esta maña. Fonsi é “un artista de talla mundial e unha das principais figuras da música latina”, que combina nas súas cancións reguetón e o pop latino.

En 2017 lanzou a súa canción máis coñecida, “Despacito”, na que colabora con Daddy Yankee, batendo sete récords Guinness gracias ao seu alcance mundial. Como destacou Caballero, esta canción é, sen precedentes, “a máis reproducida da historia de Youtube, con máis de 8.000 millóns de visualizacións”. Ademais obtivo o primeiro lugar das listas de éxitos en 35 países, incluíndo os de fala inglesa como Reino Unido e os Estados Unidos.

Luis Fonsi é un artista “galardoado con múltiples discos de ouro, platino e diamante”, así como algúns dos premios máis prestixiosos do ámbito musical incluíndo catro nomeamentos ao Grammy; cinco Latin Grammy; 12 Premios Billboard á Música Latina; e cinco Billboard Awards, entre outros.

Na actualidade conta con 21,3 millóns de oíntes mensuais en Spotify. Ademais é un dos “coach” habituais do programa musical La Voz en España, Estados Unidos e Chile.

Co concerto do de Fonsi, xa van seis confirmacións para este verán:

  • Dani Fernández (13 de xullo)
  • Luis Fonsi (23 de xullo)
  • Sen Senra (25 de xullo)
  • UB40 (7 de agosto)
  • Víctor Manuel (14 de agosto)
  • Melendi (17 de agosto)
Redacción

Entradas recientes

O goberno local organiza unha ampla programación durante o Festival TAC!

Amais da construción do pavillón efémero en Porta do Sol, o Concello programará distintas actividades…

3 horas hace

Vigo estudará e formará sobre violencia vicaria con catro expertas na materia

O Concello organiza unhas xornadas o 29 e 30 de maio coa participación de Teresa…

3 horas hace

Estudantado do Colexio Montesol pechan as visitas didácticas do programa "A máquina do tempo"

Escoitar Estudantes do Colexio Montesol protagonizaron hoxe a última visita aos escenarios da Reconquista de…

3 horas hace

Abel Caballero: “Esta semana arrincan as obras de sanemento e abastecemento da Avenida de Galicia”

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o proxecto de melloras do abastecemento e saneamento…

3 horas hace

Aprobado o convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a construción da nova grada de Gol

O rexedor vigués comunicou a aprobación do convenio tras a Xunta de Goberno Local celebrada…

3 horas hace

Esta web usa cookies.