Inicio Últimas Noticias O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a...

O goberno local aprobará o Plan de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado

O alcalde deu conta da aprobación de xeito provisional do Plan Especial de Infraestruturas e dotacións que a Xerencia de Urbanismo dará luz verde o martes 14 de maio. A Biblioteca do Estado ten comprometido por parte do Goberno de España un orzamento de 22 millóns de euros.

Abel Caballero informou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a Biblioteca do Estado. O documento enviarase á Dirección de Urbanismo de Galicia que ten un prazo de tres meses para emitir informe, e posteriormente será aprobado no Pleno de Vigo de xeito definitivo.

Caballero considera “breve” este procedemento, porque as parcelas son municipais. “Tan pronto recibamos o visto bo, solicitaremos unha entrevista co ministro de Cultura para ultima o investimento comprometido de 22 millóns de euros.

Leer más:   Alcaldía O Concello facilitará o acceso á vivenda a familias e persoas vulnerables O alcalde anunciou este xoves que o Concello iniciou a contratación dun servizo de acompañamento social para que intermedie na xestión do alugueiro de vivendas a persoas vulnerables. “Temos que facilitar o acceso á vivenda cunha bolsa de inmobles a estas persoas”, afirmou Abel Caballero.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorLuis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos
Artículo siguienteFestas e Animación Sociocultural Luis Fonsi, “unha das principais figuras da música latina”, o 23 de xullo en Castrelos Abel Caballero deu a coñecer esta mañá a sexta confirmación dos concertos de verán de Castrelos, no que o “músico portorriqueño” exporá “os seus 25 anos de traxectoria”.