Inicio Últimas Noticias Proxectado un novo pavillón en Cabral

Proxectado un novo pavillón en Cabral

O rexedor recibiu na tarde de onte ás xogadoras e corpo técnico da Asociación Deportiva Balonmán Carballal tras o seu ascenso á División de Honra Ouro Feminina.

Abel Caballero congratulouse polo ascenso da AD Balonmán Carballal á División de Honra Ouro Feminina. Na tarde de onte, o alcalde trasladoulle ás xogadoras a súa felicitación polo importante fito deportivo, resaltando a “extraordinaria temporada que realizaron”.

O alcalde sinalou que ademais do apoio actual, “para o seu funcionamento e os desprazamentos”, lembrou que “imos construír un novo pavillón deportivo en Cabral”. Na actualidade, “xa está feito o proxecto, elevarase a preto dos 3 millóns de euros” e “hoxe iniciaremos as comunicacións coa comunidade de montes para gañar espazo”.

Leer más:   Turismo Vigo rexistra un abril con récord de turistas O alcalde deu conta dos datos de turismo publicados polo INE nos que Vigo rexistrou os mellores datos da serie histórica nun mes de abril. Destaca tamén a recepción de viaxeiros internacionais cunha suba do 13%.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche
Artículo siguienteUrbanismo O goberno local adxudica o plan para protexer máis de 900 edificios do Ensanche O Plan Especial de Protección do Ensanche para protexer o patrimonio arquitectónico e histórico da cidade velará pola rehabilitación de case 900 edificios do centro da cidade. O goberno local vén de adxudicar a redacción do proxecto por un orzamento de case 400.000 euros.