Inicio Últimas Noticias O domingo celébrase a "Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial Alfonso...

O domingo celébrase a "Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial Alfonso Varela" con 1.200 corredores

O vindeiro domingo 19 de maio celébrase a “Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial Alfonso Varela” coa participación de 1.200 corredores, dos que 500 son nenos, segundo explicou hoxe Abel Caballero.

O areal de Samil será escenario este domingo 19 da carreira “Carreira Praia de Samil FE Seguros-IV Memorial Alfonso Varela”, segundo anunciou hoxe o alcalde.

O rexedor explicou que a competición desprega catro probas onde destaca a “Carreira Absoluta”, para maiores de 16 anos, que contará cun percorrido de 8 quilómetros integramente sobre a area. Os nenos de 6 a 8 anos realizarán un percorrido de 400 metros, os de 9 a 11 anos farán un traxecto de 1.000 metros, e os de 12 a 15 anos correrán 2.200 metros. Caballero lembrou que a carreira obtivo en 2023 o premio á mellor proba atlética, e que está incluída no circuíto RunRunVigo 2024

Leer más:   Pleno da Corporación O Pleno garda tres minutos de silencio en memoria do bombeiro falecido en acto de servizo A Corporación Municipal rendeu homenaxe este luns a Sergio Sanlés, o bombeiro municipal que perdeu a vida este sábado en acto de servizo na cidade, gardando tres minutos de silencio na súa memoria ao inicio da sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de maio.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo recibe o premio á Sustentabilidade Ambiental na Sociedade
Artículo siguienteAlcaldía O Concello facilitará o acceso á vivenda a familias e persoas vulnerables O alcalde anunciou este xoves que o Concello iniciou a contratación dun servizo de acompañamento social para que intermedie na xestión do alugueiro de vivendas a persoas vulnerables. “Temos que facilitar o acceso á vivenda cunha bolsa de inmobles a estas persoas”, afirmou Abel Caballero.