Inicio Últimas Noticias Benestar Social ...

Benestar Social Deportes Turismo e Comercio O Nadal de Vigo bate o récord de ocupación no mes de novembro e alcanza o 95% o primeiro fin de semana de decembro O alcalde explicou este luns en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “excepcional” que mostran “un éxito extraordinario do Nadal”, avanzando que neste intre xa están os hoteis “o 90% das reservas para a próxima semana”.

luns, 5 dec 2022

No Día Internacional dos Voluntarios, o Concello quixo recoñecer o valor do traballo que desenvolven as arredor de 800 persoas que participan na acción social na cidade da man do goberno da cidade.

luns, 5 dec 2022

O alcalde acompañado da Asociación de Bombeiros de Vigo presentou este luns a campaña solidaria que permanecerá aberta á doazón de xoguetes novos ata o vindeiro 2 de xaneiro.

luns, 5 dec 2022

O alcalde informou da decisión municipal de estender un ano máis a presenza da mostra “Nos vieiros da arte” na Pinacoteca, coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas de 2023 dedicado a Fernández del Riego.

luns, 5 dec 2022

Abel Caballero e Sarah Cowley, ministra da embaixada do Reino Unido en España, abordaron a relación comercial entre Vigo e o Reino Unido nun encontro celebrado este luns no Concello. No mesmo, participou Richard Davies, Comandante do buque Argus da Armada británica que está atracado na cidade. Davies entregou ao Concello unha metopa e unha fotografía do barco, que afronta a súa última viaxe, e que, entre outras accións, será lembrado por rescatar hai 24 anos a 10 mariñeiros náufragos galegos na zona do Cabo San Vicente. Algúns eran de Vigo.


- Te recomendamos -