Inicio Últimas Noticias Iniciada a colocación da cuberta da grada de Marcador

Iniciada a colocación da cuberta da grada de Marcador

Abel Caballero explicou esta mañá a complexidade técnica do montaxe. A grada estará rematada para o encontro que se disputará o 12 de marzo.

A estrutura da cuberta da grada de Marcador arrincará no día de hoxe, como explicou Abel Caballero, serán sete partes que fan “un total de 260 toneladas e 6.800 metros cadrados”.

Na fase que arrinca hoxe, elevarase un tramo próximo a grada de Tribuna, “que pesa 42 toneladas e ten 1.000 metros cadrados, composto por 518 barras e 220 esferas”, coa dificultade de “elevalo uns 30 metros dende cota cero”. Unha vez instalada toda a estrutura, levarase a cabo a cubrición que empatará Marcador coas gradas de Tribuna e Río.

Leer más:   Comeza a obra para a construción dunha “grande praza pública” en Hernán Cortés


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Vigo
Artículo siguienteO Nadal de Vigo bate o récord de ocupación no mes de novembro e alcanza o 95% o primeiro fin de semana de decembro