Inicio Últimas Noticias O Nadal de Vigo bate o récord de ocupación no mes de...

O Nadal de Vigo bate o récord de ocupación no mes de novembro e alcanza o 95% o primeiro fin de semana de decembro

O alcalde explicou este luns en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “excepcional” que mostran “un éxito extraordinario do Nadal”, avanzando que neste intre xa están os hoteis “o 90% das reservas para a próxima semana”.

O mes de novembro de 2022 pasa a historia da cidade como o de maior ocupación hoteleira, superando o 65%, o que significa un incremento dun 6,47%, con respecto al 2019, no que un 59,24%. Como sinalou Abel Caballero, foi un mes de “batir marcas e superar récords” cando “anos atrás era un mes practicamente nulo en canto a ocupación”.

Coa chegada de decembro os datos marcan unha tendencia a alza, logrando un 95% de ocupación durante o primeiro fin de semana. As previsións actuais para toda a semana, cos festivos da Constitución e da Inmaculada, son xa dun 90% das reservas hoteleiras.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

Becas a deportistas de alto nivel

O rexedor tamén anunciou que o Concello de Vigo resolveu as axudas a deportistas de alto nivel, que serán aprobadas na Xunta de Goberno Local que se celebrará esta semana. Teñen un importe de 50.000 euros e entréganse a 45 deportistas de diferentes disciplinas: vela (14), trialton (1), motociclismo (1), tenis adaptado (1), judo (5), squad (2), natación (3), atletismo (8), atletismo adaptado (1), bádminton (2), taekwondo (3), esgrima (2), ximnasia trampolín (1) e orientación (1).

Dispositivo de frío

A pasada semana activouse o dispositivo de frío, no que o Equipo de Rúa realizou 21 altas de persoas no servizo de pernoita do Albergue, así como entregas de bebida quente a 28 persoas. Esta semana continuará activado este dispositivo de frío, tendo aínda dispoñibles 19 prazas nos albergues da cidade: 7 prazas libres (4 homes e 3 mulleres) no Albergue Marqués de Valterra e 12 prazas dispoñibles (6 homes e 6 mulleres) no Albergue de Santa Cruz.

Leer más:   Abre o prazo de solicitude das 2.600 prazas para viaxar pola ría co programa "Vigo, cidade amiga dos maiores"


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO prazo para solicitar as axudas municipais a familias arranca este sábado 3 de decembro
Artículo siguienteO goberno municipal recoñece o labor do voluntariado municipal