Inicio Últimas Noticias O prazo para solicitar as axudas municipais a familias arranca este sábado...

O prazo para solicitar as axudas municipais a familias arranca este sábado 3 de decembro

Desde mañá sábado 3 de decembro ata o 2 de febreiro permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas municipais para libros destinadas a familias con fillos/as en ensino obrigatorio. Cun orzamento total de 5,2 millóns, cada estudante recibirá 205 euros.

O BOPPO publica hoxe o extracto do acordo da Xunta de Goberno polo que se convocan axudas municipais a familias con fillos/as en ensino obrigatorio. Cun importe global de 5,2 millóns de euros, cada estudante recibirá 205 euros para axudar a financiar os libros. O prazo de solicitude comeza mañá sábado 3 de decembro e rematará o 2 de febreiro.

Tal e como detallou, o único requisito é que o alumnado estea matriculado nun centro público ou privado concertado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial do termo municipal de Vigo.

Leer más:   A primeira xornada do torneo escolar de debate céntrase na necesidade do control da intelixencia artificial

Respecto da documentación, hai que enviar unha solicitude por unidade de convivencia (pode incluír a varios fillos/as); DNI do solicitante; libro de familia ou documentación acreditativa dos membros da unidade familiar; certificado de matrícula do centro escolar e IBAN da conta da persoa solicitante da achega.

As solicitudes presentaranse preferentemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello (www.vigo.org), na que se establecerá un enlace directo. Tamén se recibirán solicitudes de xeito presencial para o que haberá que cumplimentar o formulario de solicitude para, posteriormente, presentalo no Rexistro Municipal.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorPrevisión del tiempo para Vigo
Artículo siguienteO Nadal de Vigo bate o récord de ocupación no mes de novembro e alcanza o 95% o primeiro fin de semana de decembro