Inicio Últimas Noticias O alcalde inaugura cun paseo a “excepcional” Vía Verde

O alcalde inaugura cun paseo a “excepcional” Vía Verde

O Concello vén de completar o tramo pendente da senda que percorre a cidade desde Vía Norte ata Chapela, no límite con Redondela. Un proxecto no que investiu 3,5 millóns de euros, a metade procedentes de fondos Next Generation EU dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.

Abel Caballero percorreu este mércores os catro quilómetros da nova Vía Verde da cidade que define como “unha gran obra que ten dúas virtualidades: a primeira é ser un lugar de ocio, de paseo, de carril bici, de camiñar e de vida saudable” e a segunda é que se configura como “unha nova vía de comunicación que une zonas enteiras de Travesía e Teis con Vía Norte, co centro da cidade”, de xeito que hai moitas persoas que chegan á zona céntrica empregando a Vía Verde.

Leer más:   O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Torneo Internacional de Billar

Para o alcalde esta é unha “obra excepcional que conecta co carril bici” que nestes momentos permite percorrer a cidade desde Teis ata Coia e que “en tempo moi breve” conectará coa Praia de Samil.

O goberno municipal investiu 3.513.000 euros na execución da Vía Verde. O orzamento inicial era de 2,9 millóns de euros pero foron incorporándose melloras na zona da rúa Coutadas e na conexión con Buenos Aires. O Goberno de España concedeu a este proxecto 1,8 millóns de euros de fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia polo que “a metade desta obra foi pagada polo Goberno de España e agradézoo moito”, sinalou Caballero.

Leer más:   O alcalde compromete a renovación da rede de abastecemento da Avenida de Galicia malia os impedimentos da Xunta

A Vía Verde está conformada por un carril bici bidireccional de formigón e unha senda peonil composta de pavimento de xabre e cemento. A iluminación situouse sobre a catenaria, a toma eléctrica do tren, con 185 luminarias colgadas ao longo dos case 4 quilómetros e conta con 3 pasarelas: dúas son de estrutura metálica con pavimento de madeira; unha que conecta Vía Norte coa rúa Navarra e a outra en Camiño da Vía que houbo que refacer enteira e pasa por enriba da senda; e a terceira pasarela conecta a rúa Navarra coa ponte de Isaac Peral. Hai ademais un parque biosaudable, conta con 180 metros de bancos de formigón ademais de bancos de estrutura de aceiro, aparcabicis, papeleiras e fontes.

Leer más:   A Xerencia de Urbanismo aprobará o convenio para a construción do IES de Navia


- Te recomendamos -
Artículo anteriorIndignación de viajeros vigueses con Renfe: “Queremos comprar el abono de tren para enero y no se puede”
Artículo siguienteO Concello xa recibiu máis de 2.000 solicitudes para as axudas de libros