Inicio Últimas Noticias Hoxe arrincan as viaxes do NadalBus

Hoxe arrincan as viaxes do NadalBus

O rexedor cualificou de “afluencia colosal”, ao estar “superando todas as nosas predicións”. O servizo estará activo dende esta tarde.

Na rolda de prensa matinal, Abel Caballero desvelou o inicio das viaxes polo alumeado co NadalBus, que se producirá esta tarde ás 18:30h, cunha viaxe inaugural.

O NadalBus contará con tres percorridos diarios os venres, sábados y véspera de festivos , partindo ás 18:30, 19:30 e 20:30 horas. Os domingos, festivos e resto dos días de semana terá dúas saídas, ás 18:30 e ás 19:30 horas. Soamente non existirá este servizo o día 31 de decembro pola carreira da San Silvestre e o 5 de xaneiro pola Cabalgata de Reis.

A saída e a chegada realizarase dende A Farola de Urzáiz, cunha ruta duns 50 minutos de duración, tratándose dunha forma rápida e cómoda de poder ver a iluminación do Nadal de Vigo dende outra perspectiva.

Leer más:   Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado

O custe de realizar estas viaxes será de 5€ para os usuarios da Pass Vigo, e de 7€ para o resto de usuarios. Os billetes poderán ser adquiridos a través da plataforma Woutick! e a pé de bus, sempre que queden prazas. O bus conta con dúas plantas, no que existen 78 prazas e unha a maiores para persoas con mobilidade reducida.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal aproba 3.560 becas de comedor para alumnado da cidade
Artículo siguienteO alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022