Inicio Últimas Noticias O alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022

O alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022

A tradicional cita de Nadal dos Papá Noel moteiros desenvólvese o próximo sábado 17 de decembro con saída desde Navia e percorrido polo centro da cidade.

“Vai ser colosal porque temos moitas ganas” avanzou o rexedor que celebrou o desenvolvemento da Papanoelada moteira de tradición xa na cidade e con éxito de convocatoria cada ano.

O alcalde avanzou que a saída da comitiva será o vindeiro sábado 17 de decembro ás 16 horas en Navia, na rúa Pedra Seixa. O percorrido de aproximadamente dúas horas divídese en dúas etapas: a primeira desde Pedra Seixa, rúa Das Ufas, Teixugueiras, Ricardo Mella, Caramuxo, Avenida da Florida, Praza América, Gran Vía ascendente (pasando polo túnel), Gran Vía descendente, Venezuela e parada á altura dos Salesianos para a recepción que celebrará o Concello.

Leer más:   Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia"

Logo deste acto do goberno municipal, a Papanoelada a segunda etapa do percorrido na Avenida de Camelias, Álvaro Cunqueiro, Camelias (pasando polo túnel), Avenida de Castelao, Avenida de Europa (con xiro á esquerda pasada a glorieta da VG20), Teixugueiras, Limpiño e remate en Pedra Seixa.

O Concello poñerá o autobús turístico de Vigo a disposición da organización para que poida ser empregado polos máis pequenos da Papanoelada.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO túnel de Lepanto “un dos fitos históricos da cidade”, listo para a súa apertura
Artículo siguienteVías e Obras Vigo Vertical Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Comercio Vigo recibe 2 millóns de Fondos Next Generation para a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández Abel Caballero deu conta da recepción doutros dous millóns de euros de fondos Next Generation EU que, nesta ocasión, servirán para financiar a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández. Con esta achega, xa son 5 millóns os que outorgou á cidade o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.