Inicio Últimas Noticias O alcalde visita a fábrica de Papá Noel no Centro Comercial Travesía

O alcalde visita a fábrica de Papá Noel no Centro Comercial Travesía

Abel Caballero participou este venres na inauguración da “fábrica da maxia” na que Papá Noel prepara os agasallos para as nenas e nenos da cidade “que se portaron moi ben este ano polo que deben recibir todo o que pediron”. Acompañaron ao rexedor a xerente de Travesía, Angélica Falagan, o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e un grupo de escolares do CEIP Frián Teis que coñeceron a oficina postal, viron como se fabrican os regalos, subiron ao trineo e viviron unha morea de sorpresas durante o percorrido. A fábrica poderá visitarse do 9 ao 23 de decembro con reserva previa.

venres, 9 dec 2022


Descargar todas as imaxes

Leer más:   O goberno local adxudica a redacción do proxecto do túnel entre Elduayen e Torrecedeira

- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo