Inicio Últimas Noticias O túnel de Lepanto “un dos fitos históricos da cidade”, listo para...

O túnel de Lepanto “un dos fitos históricos da cidade”, listo para a súa apertura

O rexedor realizou este venres unha visita técnica previa á posta en funcionamento do subterráneo, que permite a conexión do centro da cidade coa autoestrada AP9, o vindeiro luns 12 de decembro.

Abel Caballero explicou ante os medios de comunicación algunhas das características do túnel de Lepanto que precisou da execución de 356 pilotes, cunha lonxitude total de 2,5 quilómetros, e para o que se empregaron máis de 280.000 quilos de aceiro para conformar o armado do formigón.

O túnel inclúese no conxunto de obras dos accesos á estación de Urzáiz licitadas polo Concello, que ademais do túnel inclúen a eliminación do paso elevado de Alfonso XIII e as conexións desde a AP9 cun orzamento superior aos 11 millóns de euros. Deste presuposto, ADIF achegou 8,8 millóns, o Concello 2,5 e a Xunta medio millón de euros.

Leer más:   O Festival de maxia na rúa desprázase ao Auditorio Municipal da Praza do Rei

O alcalde agradeceu o traballo e a achega do ADIF a esta obra que “é parte dun dos fitos históricos da cidade de Vigo”. Xunto ao túnel, o Concello está executando na contorna, os instersticiais, os espazos entre a estación de autobuses e Vialia cun presuposto de 1,2 millóns de euros; rematou xa a remodelación da Praza da Estación coa recuperación da antiga fachada e un miradoiro, cun investimento de 2 millóns de euros e asumirá o mantemento da nova praza de Vía Norte.

O vindeiro luns, 12 de decembro, pola mañá quedará aberto ao tráfico o Túnel de Lepanto, que deberá pecharse durante un mes, desde mediados de febreiro ata mediados de marzo, coincidindo coa elevación do ascensor Halo, polo que as entradas e saídas de vehículos pola autoestrada deberán realizarse por Isaac Peral. A partir de mediados de marzo, o túnel quedará aberto xa de forma definitiva.

Leer más:   Vías e Obras Alcaldía Medio Ambiente O Concello inviste 1,8 millóns de euros na humanización da Avenida de Samil O alcalde participou este luns no acto simbólico de colocación da primeira pedra da obra coa que se recuperará para o uso cidadán o tramo comprendido entre o Camaleón e Punta Samil.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno municipal aproba 3.560 becas de comedor para alumnado da cidade
Artículo siguienteO alcalde prevé unha “colosal” Papanoelada moteira 2022