Inicio Últimas Noticias Vías e Obras ...

Vías e Obras Vigo Vertical Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Comercio Vigo recibe 2 millóns de Fondos Next Generation para a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández Abel Caballero deu conta da recepción doutros dous millóns de euros de fondos Next Generation EU que, nesta ocasión, servirán para financiar a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández. Con esta achega, xa son 5 millóns os que outorgou á cidade o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

venres, 9 dec 2022

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as axudas municipais de comedor e material escolar para educación Infantil, Primaria e Secundaria que se aboarán este mes de decembro. As axudas para o comedor ascenden a 3.560, 560 máis que o ano anterior, polo que o Concello incrementará en 250.000 euros a partida destinada a este fin.

venres, 9 dec 2022

O rexedor realizou este venres unha visita técnica previa á posta en funcionamento do subterráneo, que permite a conexión do centro da cidade coa autoestrada AP9, o vindeiro luns 12 de decembro.

venres, 9 dec 2022

O rexedor cualificou de “afluencia colosal”, ao estar “superando todas as nosas predicións”. O servizo estará activo dende esta tarde.

venres, 9 dec 2022

A tradicional cita de Nadal dos Papá Noel moteiros desenvólvese o próximo sábado 17 de decembro con saída desde Navia e percorrido polo centro da cidade.

venres, 9 dec 2022

Abel Caballero participou este venres na inauguración da “fábrica da maxia” na que Papá Noel prepara os agasallos para as nenas e nenos da cidade “que se portaron moi ben este ano polo que deben recibir todo o que pediron”. Acompañaron ao rexedor a xerente de Travesía, Angélica Falagan, o concelleiro de Comercio, Ángel Rivas, e un grupo de escolares do CEIP Frián Teis que coñeceron a oficina postal, viron como se fabrican os regalos, subiron ao trineo e viviron unha morea de sorpresas durante o percorrido. A fábrica poderá visitarse do 9 ao 23 de decembro con reserva previa.


- Te recomendamos -