Inicio Últimas Noticias Vigo recibe 2 millóns de Fondos Next Generation para a rampla mecánica...

Vigo recibe 2 millóns de Fondos Next Generation para a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández

Abel Caballero deu conta da recepción doutros dous millóns de euros de fondos Next Generation EU que, nesta ocasión, servirán para financiar a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández. Con esta achega, xa son 5 millóns os que outorgou á cidade o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

O alcalde avanzou esta mañá que o Goberno Central vén de adxudicar case 2 millóns de euros para financiar a rampla mecánica de Escultor Gregorio Fernández. Trátase, explicou, dunha subvención enmarcada dentro dos Fondos Next Generation EU para o fortalecemento da actividade comercial en zonas turísticas.

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, foi a encargada de anunciar esta achega ao propio alcalde quen agradeceu unha vez máis o apoio do Goberno Central e, en especial á titular de Industria que xa asignou 5 millóns á cidade o “o que lle agradezo infinitamente porque ten o seus ollos postos na cidade”.

Leer más:   O MARCO e a biblioteca Neira Vilas súmanse á programación do Día do Libro

O Concello tamén recibiu 100.000 euros de axudas europeas para actuar na conservación da biodiversidade, en especial, para o control de especies exóticas invasoras. Esta nova partida de fondos Next Generation UE permitirán ao goberno local actuar en case 40 hectáreas distribuídas na ribeira do Paseo do Lagares e nos montes da Guía e de Bembrive.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorÚLTIMA HORA | Aparece el cadáver de una mujer de 73 años en la playa de Alcabre
Artículo siguienteO goberno municipal aproba 3.560 becas de comedor para alumnado da cidade