Inicio Últimas Noticias Urbanismo ...

Urbanismo Vías e Obras Seguridade, tráfico e transporte O alcalde pon en valor a seguridade do Túnel de Lepanto e a fluidez que supoñerá no tráfico Desde este luns, 12 de decembro, queda aberto á circulación o túnel que conecta o centro da cidade coa autoestrada AP9 desde a contorna de Vialia. “Unha obra da maior envergadura, con moita luz e dotado do maior nivel de seguridade”.

luns, 12 dec 2022

O alcalde explicou en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “que non sucedeu nunca”. O Belén de Nadal “rexistrou 74.000 visitantes” dende o 26 de novembro ata onte.

luns, 12 dec 2022

Durante o ano 2022, o goberno local adxudicou xa máis de 43.000 achegas de emerxencia que beneficiaron a preto de 12.000 persoas. Na última comisión de valoración outorgáronse 130 axudas, das que 48 foron para vivenda.

luns, 12 dec 2022

O alcalde participa este luns na entrega das becas coas que o goberno municipal quere contribuír ao desenvolvemento das carreiras de 45 deportistas de alto nivel en diferentes disciplinas: vela, tríatlon, motociclismo, tenis adaptado, judo, squash, natación, atletismo, atletismo adaptado, bádminton, taekwondo, esgrima, ximnasia trampolín e orientación. Amais destas axudas, Caballero salientou os 2 millóns de euros de achega municipal ao deporte da cidade, que se suman ao financiamento das instalacións deportivas, á gratuidade do uso dos campos de fútbol ou ás subvencións aos pavillóns deportivos.


- Te recomendamos -