Inicio Últimas Noticias Vigo alcanza un 93% de ocupación hoteleira “durante toda a macroponte de...

Vigo alcanza un 93% de ocupación hoteleira “durante toda a macroponte de decembro”

O alcalde explicou en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “que non sucedeu nunca”. O Belén de Nadal “rexistrou 74.000 visitantes” dende o 26 de novembro ata onte.

O inicio do mes de decembro deixa na cidade unha ocupación “impresionante”, que chegou ao “93% durante 10 días seguidos”. Abel Caballero quixo enfeitizar que “nesta época había en España destinos moi importantes, pero agora é Vigo”.

O elevado número de visitas do Belén da Casa das Artes é unha mostra do nivel de afluencia do alumeado de Nadal de Vigo, xa que alcanzou os 74.000 visitantes dende a súa apertura o 26 de novembro ata este domingo, tendo no sábado 10 de decembro o día con maior número de visitas, chegando ás 7.847 persoas. Como remarcou o alcalde “o nivel de afluencia a Vigo esta sendo excepcional” reforzando cada día a “marca cidade, ocupando un lugar central en Europa”.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO alcalde pon en valor a seguridade do Túnel de Lepanto e a fluidez que supoñerá no tráfico
Artículo siguienteUrbanismo Vías e Obras Seguridade, tráfico e transporte O alcalde pon en valor a seguridade do Túnel de Lepanto e a fluidez que supoñerá no tráfico Desde este luns, 12 de decembro, queda aberto á circulación o túnel que conecta o centro da cidade coa autoestrada AP9 desde a contorna de Vialia. “Unha obra da maior envergadura, con moita luz e dotado do maior nivel de seguridade”.