Inicio Últimas Noticias Alcaldía ...

Alcaldía Abel Caballero reúnese co embaixador de España ante a Unesco, José Manuel Rodríguez Uribes O rexedor recalcou a importancia do encontro desta mañá con Rodríguez Uribes, no que lle trasladou a acción e o traballo do Concello de VIgo a prol da candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade.

mércores, 14 dec 2022

Abel Caballero destaca as partidas para seguir coas humanizacións, actuar en ámbitos deportivos, culturais e colexios, entre outras accións, tanto no centro como nas parroquias. A utilización dos remanentes saíu adiante cos votos favorables do Grupo Socialista, o PP abstívose e o Grupo Mixto e o edil non adscrito votaron en contra.

mércores, 14 dec 2022

Abel Caballero explicou que este ano, o goberno municipal facilitará o menú de Noiteboa a tódalas persoas usuarias destes servizos que vivan soas e a aquelas que convivan cun persoa en situación de vulnerabilidade. “Terán que facela en soidade pero cun menú axeitado á época”.

mércores, 14 dec 2022

As familias con nenos de entre 4 e 12 anos interesadas en participar no programa gratuíto do Concello deben realizar a inscrición na web www.xuventudevigo.org desde este xoves 15 de decembro ás 9 horas da mañá. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

mércores, 14 dec 2022

O goberno local advertiu esta mañá de que a posta en marcha da estación de autobuses non pode supoñer en ningún caso o empeoramento do tráfico da cidade. O concelleiro de Fomento aclarou que o Concello aínda non dispón da documentación da que debería dispoñer e emprazou á Xunta a manter unha reunión técnica “imprescindible” para estudar as formas de acceso á estación de cada unha das liñas.


- Te recomendamos -