Inicio Últimas Noticias A escola infantil da Praza da Industria estará rematada no mes de...

A escola infantil da Praza da Industria estará rematada no mes de febreiro

O goberno local prevé rematar en febreiro a escola infantil de Praza da Industria que contará con 57 prazas para nenos e nenas de entre 0 a 3 anos. O orzamento é de case 750.000 euros.

O alcalde comprobou esta mañá o avance das obras da nova escola infantil da Praza da Industria que ocupa a planta baixa e o soto do Instituto Municipal de Educación Miguel Servet. Cun orzamento de preto de 750.000 euros, contará con tres aulas para os cursos de 0-1, 1-2 e 2-3 anos e ofrecerá 57 prazas en quenda de mañá e de tarde. O proxecto inclúe unha sala de usos múltiples, lavandería, comedor, despensa, cociña, despachos, sala de reunións, baño adaptado, aseos, almacéns e espazos exteriores para patios de xogo ou de ocio.

Tal e como explicou o rexedor, está previsto que as obras rematen en febreiro, á espera dos pertinentes permisos da Xunta para poder poñela en funcionamento. En Vigo xa contamos con 9 escolas infantís de titularidade municipal nas que se ofertan 674 prazas. Cun orzamento de máis de dous millóns, o Concello subvenciona do 100% dos servizos, comedor incluído.


- Te recomendamos -