Inicio Últimas Noticias O Concello concededeu 218 axudas de emerxencia cun importe de case 50.000...

O Concello concededeu 218 axudas de emerxencia cun importe de case 50.000 euros nunha semana

Abel Caballero deu conta das comisións de axudas de emerxencia da semana pasada, cos que o investimento neste programa de axudas aos máis vulnerables suma 962.976,31 euros no ano 2022.

O Concello concedeu 218 axudas de emerxencia a semana pasada cun importe de case 50.000 euros. O alcalde deu conta das demandas das persoas vulnerables, sendo a vivenda a primeira necesidade na que adicáronse máis de 32.000 euros do total.

Segundo dixo en rolda de prensa, tamén solicitáronse 49 axudas para alimentación e 43 para pagar os recibos da luz, entre outras cuestións.

No ano 2022 o Concello concedeu ata agora 4.559 axudas de emerxencia cun importe de 962.976,31 euros. “Son compatibles coa RISGA e o Ingreso Mínimo Vital. A Xunta declarou a RISGA incompatible co Ingreso Mínimo Vital”, lamentou o rexedor.

Leer más:   Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo tivo un 90% de ocupación hoteleira durante a fin de semana
Artículo siguienteEl tiempo en los próximos días en Vigo