Inicio Últimas Noticias Vigo tivo un 90% de ocupación hoteleira durante a fin de semana

Vigo tivo un 90% de ocupación hoteleira durante a fin de semana

O alcalde explicou este luns en rolda de prensa que se trata dun nivel de afluencia “practicamente total” que mostran “unha ocupación do mes entre o 90 e 95%”.

O terceiro fin de semana de decembro mostra a tendencia a alza do alumeado de Nadal de Vigo. A ocupación hoteleira superou o 90%, continuando cas boas cifras do 3 e 4 de decembro, un 95%, e a da macroponte, no que se chegou o 93%. Como recordou Abel Caballero o mes de novembro “foi de récord na cidade”, pasando a historia como o de maior ocupación hoteleira, superando o 65%, o que significa un incremento dun 6,47%, con respecto al 2019, no que un 59,24%.

Tráfico

A alta afluencia de visitantes sentiuse nos viais da cidade, como sinalou o alcalde, “o sábado foi o día de maior entrada de vehículos a cidade” dende o comezo do Nadal. O Concello reforzou a presenza policial para facilitar a fluidez do tráfico a pesar do elevado número de coches, salientando o “bo funcionamento dos aparcadoiros disuasorios de Samil”.

Leer más:   VigoCultura festexa o Día Mundial do Circo con tres representacións no Auditorio Municipal


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA escola infantil da Praza da Industria estará rematada no mes de febreiro
Artículo siguienteEducación A escola infantil da Praza da Industria estará rematada no mes de febreiro O goberno local prevé rematar en febreiro a escola infantil de Praza da Industria que contará con 57 prazas para nenos e nenas de entre 0 a 3 anos. O orzamento é de case 750.000 euros.