Inicio Últimas Noticias O goberno municipal instala na Alameda un “punto lila” contra as violencias...

O goberno municipal instala na Alameda un “punto lila” contra as violencias machistas

O alcalde informou do establecemento este martes na Praza de Compostela dunha caseta para a información, sensibilización e concienciación sobre as diferentes forma de violencia machista.

Desde este serán, a Alameda da Praza de Compostela contará cun “punto lila” contra as violencias machistas, unha das accións municipais no marco do fomento da igualdade de xénero.

Abel Caballero explicou que “seguiremos empeñados no Concello en dar a batalla frontal en contra de calquera forma de violencia machista e de forma total contra as violencias sexuais e o acoso sexual en contornas de lecer”.

O “punto lila” ten como obxectivo informar, sensibilizar e concienciar sobre as distintas formas de violencia machista, máis concretamente, sobre as violencias sexuais e o acoso sexual en contornas de lecer. Ademais atende posibles situacións de acoso ou agresións que se produzan, activando os protocolos de actuación en caso de emerxencia.

Leer más:   Cuándo abren las piscinas en Vigo Estos son los horarios


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO goberno de Vigo triplica as axudas as festas patronais
Artículo siguienteFestas e Animación Sociocultural O goberno de Vigo triplica as axudas as festas patronais O alcalde explicou este martes en rolda de prensa que o Concello aprobou na Xunta de Goberno Local a subvención por valor de preto de 300.000€.