Inicio Últimas Noticias Comeza a humanización da estrada Clara Campoamor cun orzamento de case 500.000...

Comeza a humanización da estrada Clara Campoamor cun orzamento de case 500.000 euros

O Concello comezou hoxe mércores as obras da primeira fase da humanización da estrada Clara Campoamor cun orzamento de preto de medio millón de euros. O principal obxectivo é mellorar a seguridade viaria dunha zona de acceso ao hospital Álvaro Cunqueiro.

O alcalde deu conta esta mañá do inicio da humanización da fase I da estrada Clara Campoamor, no tramo comprendido entre Camiño Canotais e a rotonda da VG20, o que supón máis de medio quilómetro de estrada. Cun orzamento de preto de medio millón de euros, o obxectivo é mellorar a seguridade viaria, con novas beirarrúas nos treitos de maior concorrencia de peóns, con zonas de embarque e desembarque seguras ás paradas do autobús ao tempo que se implementan pasos de peóns regulados por semáforo.

Tal e como detallou, o Concello executará novas canalizacións de recollida de augas pluviais, instalará novos grupos semafóricos, colocará barandas de aluminio sobre as beirarrúas para mellorar a seguridade viaria, ademais de renovar a sinalización vertical e horizontal.

Inmediatamente despois de que se remate esta fase, aclarou Caballero, dará comezo a segunda, desde Camiño Canotais ata Ramiro Pascual (rotonda de acceso a Beade).


- Te recomendamos -