Inicio Últimas Noticias O alcalde valora a "confianza e seguridade" que ofrece o punto de...

O alcalde valora a "confianza e seguridade" que ofrece o punto de atención cidadá da Policía Nacional en Vialia

Abel Caballero asistiu este martes á sinatura do protocolo de cesión dun local no Centro Comercial Vialia ao Corpo Nacional de Policía, que foi rubricado por Teresa Verdugo, directora xeral de Nhood España e por Ramón Gómez Nieto, xefe superior de Policía de Galicia. O rexedor destacou a “gran cooperación entre as forzas de seguridade”, que contribúe a “cohesionar a cidade” e referiuse á nova oficina como un “símbolo da presenza permanente para ofrecer confianza e seguridade”. No acto estiveron presentes tamén o delegado do Estado na Zona Franca, David Regades; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; o comisario xefe provincial de Pontevedra, Juan José Díaz; e o comisario xefe da Comisaría de Vigo-Redondela, Ramiro Gómez.

Leer más:   O goberno local adxudica a redacción do proxecto do túnel entre Elduayen e Torrecedeira

martes, 27 dec 2022


Descargar todas as imaxes


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello ondeará as bandeiras a media asta tres días en memoria das vítimas do bus accidentado no Lérez
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo