Inicio Últimas Noticias Vigo recibe 2023 coa festa de fin de ano na Praza de...

Vigo recibe 2023 coa festa de fin de ano na Praza de América

O alcalde presentou este martes en rolda de prensa a celebración que organiza Aetravi e que financia o Concello. Terá lugar este sábado, 31 de decembro, coas badaladas do reloxo do IES Santa Irene e cinco horas de música ininterrompida.

Abel Caballero salientou que se trata da “única festa que se fai en toda Galicia con estas características: moita xente, ao aire libre, aberta a todo o mundo e para tódalas idades. Están as familias e xente de tódalas idades”, dixo na rolda de prensa na que estivo acompañado de Ana Diéguez, presidenta da Asociación de comerciantes e empresarios Travesas (Aetravi); Chus Sánchez, xerente, e Iván Iglesias, vicepresidente, da entidade que conta con 450 empresas asociadas.

Leer más:   Caballero felicita ao novo xefe fiscal xefe de Vigo polo seu nomeamento

A Festa de Fin de Ano de Praza América que organiza Aetravi conta co financiamento do Concello, que achega 30.000 euros, e ofrecerá a actuación da orquestra “La Fórmula”, con 17 artistas e músicos sobre o escenario, e o DJ Yenniax que ofrecerán cinco horas de música ininterrompida.

Ademais, celébranse as badaladas de fin de ano, que se seguirán co reloxo emblemático do Instituto Santa Irene. Haberá reparto gratuíto de uvas entre todos os asistentes coa previsión de que asista “moita xente”. Para que a celebración se desenvolva sen problemas, o tráfico quedará cortado na praza de América desde as 23 horas e ata as 5 da mañá.

O rexedor desexou sorte aos comerciantes para a celebración e agradeceulles o traballo e a organización poñendo en valor o papel do comercio na nosa sociedade “o comercio é moito máis que un lugar para comprar e vender; é un lugar de facer cidade”.

Leer más:   Alcaldía A Academia proclama a Vigo como "a cidade do cinema" Abel Caballero afirmou no acto de presentación do programa “Rueda Academia de Cinema”, que se desenvolve esta semana en Vigo, que o cinema e o sector audiovisual son “a gran plataforma de comunicación e conformación de todas as culturas”. Ante o vicepresidente da Academia de Cinema, Rafael Portela e a coordinadora de actividades, Inés Enciso, que proclamaron a Vigo como "a cidade do cinema", o alcalde recalcou o papel transcendente que ocupa a creación cinematográfica con só un século de existencia.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA cidade manterá a ocupación hoteleira no 95% durante toda a semana
Artículo siguienteTurismo e Comercio Máis de 102.000 persoas visitaron o Belén Monumental de Casa das Artes O alcalde deu en rolda de prensa esta cifra récord de visitantes, “e aínda falta o groso do Nadal”, puntualizou. A Concatedral acollerá este mércores 28 de decembro o concerto de Nadal cia soprano Beatriz Arenas, acompañada de Leonardo Milanés ao órgano.