Inicio Últimas Noticias O alcalde avanza que Vigo terá este ano “a mellor cabalgata que...

O alcalde avanza que Vigo terá este ano “a mellor cabalgata que houbo nunca na cidade”

Durante a visita á montaxe das carrozas que se está desenvolvendo no Ifevi, Abel Caballero lembrou que o vindeiro xoves, 5 de xaneiro, as nenas e nenos terán a oportunidade de gozar de dúas cabalgatas: a estática pola mañá e a tradicional pola tarde.

“As Súas Maxestades van estar nunhas carrozas excepcionais”, apuntou o rexedor, que aventurou “sorpresas” durante a Cabalgata deste ano na cidade.

O Concello ten organizada para a mañá do 5 de xaneiro a cabalgata estática na Avenida de Castelao entre as 11:00 e as 15:00 horas da tarde. Pola tarde, a Cabalgata dinámica comezará entre as 17:30 e as 18:00 horas en función da meteoroloxía, tal e como apuntou o alcalde na rolda de prensa deste venres, con saída desde Praza América pasando por López Mora, Pi i Margall, Paseo de Alfonso, onde os Reis Magos baixarán das carrozas para desprazarse camiñando ata a Porta do Sol. Alí o alcalde entregaralles as chaves da cidade.

Leer más:   Emilia Pardo Bazán, protagonista do Día do Libro na Porta do Sol

Caballero avanzou que este ano Vigo terá “a mellor cabalgata que houbo nunca na cidade”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorAbel Caballero anuncia que os usuarios da PassVigo pagarán 13 céntimos menos no bus urbano a partir do 1 de xaneiro
Artículo siguienteTráfico e transporte Abel Caballero anuncia que os usuarios da PassVigo pagarán 13 céntimos menos no bus urbano a partir do 1 de xaneiro Os usuarios da PassVigo pasarán de pagar 62 céntimos a 49 a partir do 1 de xaneiro de 2023. A Xunta de Goberno aprobou os novos descontos para todas as persoas que teñan a tarxeta que “está dispoñible para toda a cidadanía e é gratis”. O alcalde cifrou en máis de 40.000 persoas os pensionistas coa PassVigo que viaxan de balde.