Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: “O balance do mes de novembro pon de manifesto a...

Abel Caballero: “O balance do mes de novembro pon de manifesto a elevada utilización do albergue municipal”

O rexedor realizou balance da actividade do albergue municipal durante o mes de novembro de 2022, dando a coñecer datos do comedor social, do equipo de rúa, o servizo de hixiene e lavandería.

Abel Caballero deu conta dos datos de uso do albergue municipal no mes de novembro, no que ao longo do mes durmiron no recinto municipal 111 persoas sen teito, realizando un total de 980 pernoitas.

Entre os datos aportados polo rexedor na rolda de prensa desta mañá, o servizo de comedor atendeu a 176 persoas, entregando 1878 menús, dos cales 944 foron no propio albergue e os restantes 934 a través de recollida no propio recinto. Ademais, en canto o servizo de hixiene, realizáronse 1259 duchas, mentres que, no de lavandería tiveron 679 actuacións.

Leer más:   Alcaldía Economía e Facenda Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia" O presidente da Zona Franca e alcalde de Vigo acudiu á toma de posesión do delegado do Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, que tivo lugar no Auditorio Mar de Vigo. Máis de 400 representantes del tejido empresarial, social e institucional gallego arrouparon a Regades, que avanzou a continuidade dos proxectos en marcha e fixo balance positivo dos anos previos ao fronte da institución.

O rexedor valorou o traballo do equipo de rúa que realizou 190 intervencións, nas que coa activación do dispositivo de frío a finais de novembro, produciuse unha intensificación das saídas, motivando o uso do albergue e entregando mantas. Finalmente, Caballero recordou a inversión que fai o Concello para este servizo alcanza o 1,4 millóns de euros, sendo Vigo “a única cidade que conta cun albergue público en Galicia”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorVigo xa ten todo listo para recibir aos Reis Magos
Artículo siguienteEl tiempo en Vigo