Inicio Últimas Noticias Vigo xa ten todo listo para recibir aos Reis Magos

Vigo xa ten todo listo para recibir aos Reis Magos

A Xunta de Goberno extraordinaria celebrada o venres aprobou a contratación dos servizos de animación e a produción técnica da Cabalgata. Tamén se aprobaron as modificacións dos proxectos das obras da praza Francisco Fernández del Riego e Purificación Saavedra.

Vigo recibirá aos Reis Magos o 5 de xaneiro nunha xornada intensa para as súas Maxestades, que estarán na cidade todo o día, primeiro na avenida Castelao nunha cabalgata estática y despóis pola tarde no seu percorrido polas rúas ata chegar á Porta do Sol.

A Xunta de Goberno aprobou a contratación do servizo de animación para a cabalgata dos Reis Magos e a súa produción técnica. Segundo explicou o rexedor, isto son os grupos que actúan na cabalgata, así como a atención ás persoas que participan, o transporte para os reis e carteiro real e unha ambulancia de emerxencias.

Leer más:   Urbanismo Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado O alcalde mantivo unha xuntanza co secretario de Estado de Vivenda, David Lucas, na que propuxo ao Goberno de España colaborar na construción de vivenda de alugueiro taxado para a xuventude.

O Concello ten organizada para a mañá do 5 de xaneiro a cabalgata estática na Avenida de Castelao entre as 11:00 e as 14:30 horas da tarde. Pola tarde, a Cabalgata dinámica comezará entre as 17:30 e as 18:00 horas con saída desde Praza América pasando por López Mora, Pi i Margall, Paseo de Alfonso, onde os Reis Magos baixarán das carrozas para desprazarse camiñando ata a Porta do Sol. Alí o alcalde entregaralles as chaves da cidade.

“Está todo listo para a cabalgata. Temos garantido o bo tempo”, concluíu o alcalde.

Obras

A Xunta de Goberno tamén aprobou o modificado do proxecto da humanización da Fase II de Purificación Saavedra cun importe de 64.000 euros. “Imos executar o firme da calzada con garantías de duración no tempo. As redes de servizo eléctrico non se corresponden coas do plano do proxecto e imos reorganizar todos os servizos subterráneos”, explicou alcalde. A humanización da Fase II de Purificación Saavedra ten un importe de 382.000 euros, que sumado á Fase I o conxunto da rúa supón unha inversión de 688.000 euros.

Leer más:   Caballero: “ Radio Vigo está sempre ao servizo e en defensa de Vigo. Sodes compañeiros perennes das causas xustas da cidade”

Tamén a Xunta de Goberno aprobou a modificación para o proxecto da praza Francisco Fernández del Riego que terá finalmente un importe de 2.766.000 euros. O cambio do orzamento vén dado polo incremento dos custes de materiais derivados da inflación.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello desviará o tráfico de entrada á cidade cara a zona de Samil
Artículo siguienteTurismo e Comercio Festas e Animación Sociocultural Tráfico e transporte O Concello desviará o tráfico de entrada á cidade cara a zona de Samil Abel Caballero deu conta do plan de tráfico para os días dous, tres e catro de xaneiro, datas nas que se espera unha gran afluencia de persoas á cidade. “Imos redirixir aos usuarios de fóra da cidade á zona de Samil, onde haberá lanzadeiras de transporte público”, explicou o alcalde. Na fin de semana a ocupación hoteleira de Vigo foi do 85%.