Inicio Últimas Noticias Os Reis Magos felicitarán de forma virtual aos nenos que non poidan...

Os Reis Magos felicitarán de forma virtual aos nenos que non poidan acudir ás cabalgatas

Trátase dunha medida para nenos que estean enfermos ou non poidan achegarse por calquera outra causa de forza maior. O Belén Monumental de Casa das Artes alcanza os 129.756 visitantes.

Abel Caballero avanzou esta mañá en rolda de prensa que os Reis Magos poderán felicitar de forma virtual os nenos e nenas que non poidan ir á Cabalgata por estar enfermos ou por outra causa de forza maior. Realizaranse mediante unha videochamada entre os días 4 e 5 de xaneiro de 10 a 21 horas, trátase dunha videoconferencia programada na que un dos Reis felicita o Nadal aos pequenos durante uns 10 minutos. Xa se encontra dispoñible o rexistro de solicitudes mediante a web municipal.

Leer más:   O Concello executará un acceso “seguro” ao Ceip Párroco don Camilo

O rexedor tamén avanzou que as Maxestades de Oriente da Cabalgata estática terán desta vez moito parecido con Jesús Sotelo (Presidente Comisión Fiestas de Santa Ana); Cristian González (Presidente Asociación Atlántida de Matamá); Brima Conted (directivo del Balaídos Fútbol Club) e a Carteira Rea a María del Carmen Martínez Pazó (Presidenta Asociación Vecinos Candeán). Pola súa banda, os da Cabalgata dinámica, Melchor parecerase a Enrique Lorenzo (Presidente ACOPOVI); Gaspar a Jesús Saiz (Presidente Federación Perruqueiros de Pontevedra); Baltasar será “un vello coñecido da cidade” e a Carteira Real a Merche Covelo (Presidenta Club Carpa Patinaxe).

O Concello ten organizada para a mañá do 5 de xaneiro a cabalgata estática na Avenida de Castelao entre as 11:00 e as 14:30 horas da tarde. Pola tarde, a Cabalgata dinámica comezará entre as 17:30 e as 18:00 horas con saída desde Praza América pasando por López Mora, Pi i Margall, Paseo de Alfonso, onde os Reis Magos baixarán das carrozas para desprazarse camiñando ata a Porta do Sol. Alí o alcalde entregaralles as chaves da cidade.

Leer más:   O Concello entrega gratis 1.000 compostadores para o tratamento domiciliario dos biorresiduos

Belén Casa das Artes

O elevado número de visitas do Belén da Casa das Artes é unha mostra do nivel de afluencia do alumeado de Nadal de Vigo, xa que alcanzou os 129.756 visitantes dende a súa apertura o 26 de novembro. Tanto o xoves 8 como o sábado 10 de decembro alcanzaronse os días con maior número de visitas, superando as 7.800 persoas. Como remarcou o alcalde “esta ultima semana foi moi ben, cun nivel de visitas importantísimo, que chegou ás 5.000 visitas o luns 26 de decembro”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorCuando Vigo enamoró a Pelé
Artículo siguienteTurismo e Comercio Festas e Animación Sociocultural Os Reis Magos felicitarán de forma virtual aos nenos que non poidan acudir ás cabalgatas Trátase dunha medida para nenos que estean enfermos ou non poidan achegarse por calquera outra causa de forza maior. O Belén Monumental de Casa das Artes alcanza os 129.756 visitantes.