Inicio Últimas Noticias A Biblioteca Municipal Neira Vilas galardoada nos IV Premios REBIUN

A Biblioteca Municipal Neira Vilas galardoada nos IV Premios REBIUN

Abel Caballero recibiu na Alcaldía a mención honorífica como recoñecemento ao proxecto “Achegando culturas” da Biblioteca Municipal Neira Vilas, que fomenta a lectura e integración do colectivo xitano na cidade.

A Rede Española de Bibliotecas Universitarias recoñeceu o proxecto “Achegando culturas” da Biblioteca Municipal Neira Vilas. Abel Caballero reuniuse co persoal da Neira Vilas e o director da Biblioteca Universitaria da Universidade de Vigo, que achegaron o accésit especial á Alcaldía.

“Vigo está a traballar desde fai 10 anos en integración social coa Fundación do Secretariado Xitano para fomentar a lectura e a integración do colectivo xitano na cidade”, declarou en rolda de prensa.

Nos IV Premios REBIUN, que premian a bibliotecas non universitarias, Vigo acadou a mención honorífica xunto á biblioteca Rafael Andolz de Zaragoza.


- Te recomendamos -