Inicio Últimas Noticias Vigo é a primeira cidade á que chegan os Reis Magos este...

Vigo é a primeira cidade á que chegan os Reis Magos este 5 de xaneiro

A cabalgata estática na avenida de Castelao recibiu a miles de nenas e nenos que esperaban a chegada das súas Maxestades. Ás 17:30 horas comezará a cabalgata tradicional con saída desde praza América e rematará coa entrega de chaves por parte do alcalde aos Reis Magos. Abel Caballero pediu a Melchor, Gaspar e Baltasar “seguir a esta velocidade de avance e progreso na cidade e que a cidadanía sexa feliz en Vigo”.

Os Reis Magos chegaron a Vigo. Desde as 11 da mañá miles de nenas e nenos esperaban na avenida de Castelao a Melchor, Gaspar e Baltasar para achegarlles os seus desexos para esta noite máxica.

A afluencia á cabalgata estática foi masiva. “Estábamos esperando isto. Multiplica as miñas expectativas por 100”, expresou o rexedor ante os medios de comunicación. Vigo é a primeira cidade á que chegan os Reis Magos e a cidade onde máis tempo estarán, desde as 11 da mañá ata as 20:30 horas.

A cabalgata tradicional comezará ás 17:30 horas con saída desde praza América. Un percorrido de tres quilómetros que rematará coa entrega de chaves por parte do alcalde ás súas Maxestades.

O desexo do alcalde para os Reis Magos foron que “Vigo siga a esta velocidade de avances e progresos e que os vigueses e viguesas sexan felices na cidade”.


- Te recomendamos -