luns, 9 xan 2023
A Xerencia de Urbanismo aprobará este martes a adquisición do inmoble situado na Avenida de Ramón Nieto 58 por un importe de 177.000 euros. Abel Caballero avanzou en rolda de prensa que será unha dotación para asociacións culturais, sociais e lugar de encontro para as persoas de Lavadores.
luns, 9 xan 2023
Vigo sitúase como a cidade galega con máis visitantes estranxeiros de xaneiro a novembro de 2022. O Concello duplicará a súa achega as rondallas.
luns, 9 xan 2023
O alcalde visitou esta mañá “Colchones Marco”, unha empresa da cidade con 105 anos de historia. Caballero constatou a súa evolución cunha visita polas instalacións para coñecer o cambio na tecnoloxía para a mellora do produto. “Son enormes produtores cunha gran capacidade produtiva, facendo colchóns e pezas de calidade”, declarou en rolda de prensa. Na empresa traballan 15 persoas que producen 100 colchóns ao día.
- Te recomendamos -