Inicio Últimas Noticias Cultura ...

Cultura Xunta de Goberno Local Voluntariado O goberno local adica 95.000 euros á Fundación Laxeiro A Xunta de Goberno aprobou a transferencia á subvención á Fundación Laxeiro cun importe de 95.000 euros para o seu mantemento. Abel Caballero lembrou que o Concello está a traballar na exposición de Laxeiro no MARCO que comezará no mes de febreiro e nas rutas Laxeiro para dar a coñecer a cidade a través dos lugares que forman parte da vida do pintor.

xoves, 12 xan 2023

Vigo contará cun espazo para a celebración do Dirt Jump, segundo garantiu esta mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que criticou a falta de resposta da Autoridade Portuaria á solicitude de autorización que fixo a organización de O Marisquiño. Caballero confirmou que o Concello xa está a buscar solucións cos promotores deste festival urbano.

xoves, 12 xan 2023

Abel Caballero, xunto a Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, e David Regades, delegado do Estado na Zona Franca, coñeceron este xoves o traballo da empresa Paz Rodríguez, acompañados polo xerente e o director da marca de téxtil infantil con fabricación en España. O rexedor puxo en valor a súa presenza en Harrods “un dos centros comerciais máis importantes do mundo” e trasladoulles o “orgullo” porque a empresa estea asentada en Vigo, no PTL de Valladares.

xoves, 12 xan 2023

O alcalde trasladou aos familiares dos mariñeiros do Vila do Pintanxo a vontade da cidade de sumarse á conmemoración do aniversario do naufraxio no que perderon a vida 21 persoas. Trátase, dixo, dun chamamento á concienciación colectiva e a necesidade de reforzar a seguridade no mar.


- Te recomendamos -