Inicio Últimas Noticias O Concello busca coa organización de O Marisquiño un novo espazo para...

O Concello busca coa organización de O Marisquiño un novo espazo para o Dirt Jump

Vigo contará cun espazo para a celebración do Dirt Jump, segundo garantiu esta mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que criticou a falta de resposta da Autoridade Portuaria á solicitude de autorización que fixo a organización de O Marisquiño. Caballero confirmou que o Concello xa está a buscar solucións cos promotores deste festival urbano.

O alcalde avanzou esta mañá que o goberno local xa traballa coa organización de O Marisquiño para buscar un novo espazo dentro da cidade para o Dirt Jump, unha das partes “máis vistosas” do festival. Caballero fixo estas declaracións logo de que o festival anunciase que estaba a buscar un novo espazo para esta proba deportiva ante a falta de resposta do Porto de Vigo á súa petición de autorización.

Caballero afeou ao presidente da Autoridade Portuaria “non estar á altura do que a cidade require” e anunciou que o Concello xa a está a “buscar unha solución porque “O Marisquiño seguirá en Vigo e este ano terá a mellor edición da súa historia”. Comprometeuse a falar cos organizadores, aos que felicitou pola súa experiencia, para coñecer as súas necesidades e garantiu que “en Vigo haberá un espazo para el Dirt Jump”.


- Te recomendamos -