Inicio Últimas Noticias O Concello tramita obras de renovación de pavimentos en 25 novas rúas

O Concello tramita obras de renovación de pavimentos en 25 novas rúas

O Concello segue renovando a pavimentación da cidade e vén de sumar 25 novas rúas aos traballos xa en marcha. Dezaoito destas actuacións acometeranse no rural e están cofinanciadas coa Deputación de Pontevedra.

O alcalde deu conta do avance da tramitación de sete novas obras de pavimentación por importe de 1,4 millóns. Cun investimento de 525.000 euros, actuarase na avenida Fragoso, con case 300.000 euros, tamén se renovará o firme da avenida Atlántida para continuar despois co resto da humanización da mesma. Nas rúas do Carme e Cesáreo González, a inversión será de 173.000 euros, mentres que na rúa Nigrán, con 105.000 euros, arrancarase co asfaltado, coa modificación do paso de peóns e drenaxes. Nunha segunda fase, rematarase a humanización. Cun orzamento de 330.000 euros, o Concello tamén está a punto de contratar a renovación do firme de Porriño, rúa na que xa se mudou o alumeado e os semáforos, e na que se rematará a humanización nunha segunda fase.

Leer más:   Caballero felicita ao novo xefe fiscal xefe de Vigo polo seu nomeamento

Ademais, o Concello tamén está renovando asfaltados noutras dezaoito rúas, nove delas, en colaboración coa Deputación. Concretamente actuarase nas seguintes rúas: Penís; Párroco Don Serafín; Cantabria; Fonte Escura; Camiño Sabaxáns; Camiño Sampaio de Abaixo; Parrocha, Camiño Besada; rúa de Vista do Mar; Camiño Couto; Camiño Pousa; Camiño Rioboo; Baixada Salgueira; Fuciños; Estrada José Rivas; Camiño Caringosta; San Paio e Camiño San Xurxo.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello presentará en FITUR “Vigo: millóns de visitantes nos acreditan”
Artículo siguientePrevisión meteorológica para Vigo