Inicio Últimas Noticias O Concello inicia as obras de musealización da fortaleza de O Castro

O Concello inicia as obras de musealización da fortaleza de O Castro

Abel Caballero e Carmela Silva puxeron a simbólica primeira pedra para a recuperación das galerías de O Castro e a súa musealización. A obra supón un investimento de 1.100.000 euros.

A fortaleza de O Castro segue a súa recuperación co proxecto de musealización que reabrirá os túneles e recreará a batalla naval de 1719. O alcalde a a tenente de alcalde, Carmela Silva, achegáronse ao inicio das obras da recuperación da fortaleza co obxectivo “de recuperar a historia”.

A obra supón un investimento de 1.100.000 euros dos fondos do Goberno de España, concretamente do Ministerio de Industria Comercio e Turismo, que asignou a Vigo pola súa capacidade turística. Caballero cualificou a obra de “moi importante” e agradeceu ao Goberno de España o financiamento para o patrimonio histórico de Vigo.

Leer más:   Abel Caballero reclama e ve "imprescindible" a gratuidade da peaxe da autoestrada AP9

O alcalde explicou en rolda de prensa que a primeira cuestión é a recuperación do túnel duns 60 metros de lonxitude e que terá iluminación, cun ambiente do asedio de 1719 con sons e luces, e que despois estará a actuación do baluarte con pezas de aceiro.

Caballero concluíu afirmando que “isto é una gran recuperación histórica e tamén unha gran acción turística”.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorSurrealismo en Peinador: un avión cancela el aterrizaje en Vigo y regresa a Madrid
Artículo siguienteHernán Cortés e María Berdiales confluirán nunha praza pública de máis de 800 m2