Inicio Últimas Noticias Abel Caballero inaugura a humanización de Gregorio Espino

Abel Caballero inaugura a humanización de Gregorio Espino

O alcalde visitou o remate das obras e inaugurou a obra da fase IV de Gregorio Espino que contou cun orzamento de 1.600.000 euros. Caballero tamén anunciou en rolda de prensa que proximamente comezará o contrato para a instalacións de lombos de asno e pasos elevados, maioritariamente no rural.

Desde foxe ficou inaugurada a humanización de avenida Gregorio Espino na fase IV, que vai desde a rúa Águia ata a rúa Merlo. O alcalde visitou o remate das obras e anunciou que o goberno local xa está a preparar o proxecto para o resto da rúa. A fase IV da humanización de Gregorio Espino ten un importe de 1.600.000 euros e o total da rúa achégase aos 4.000.000 de euros.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

Caballero explicou en rolda de prensa os detalles da obra: mellora da mediana e manter os dous carrís de circulación por sentido, a instalación na redonda dunhas esculturas de paxaros en honor as rúas de aves da zona, ampliar as beirarrúas -que serán de granito- ata os seis metros de ancho e renovar completamente as instalacións de iluminación, que agora son LED. O Concello cambiou as canalizacións de abastecemento de agua, pluviais e saneamento, instalou unha nova rede de rego e de semáforos, bancos e papeleiras. No tramo de actuación mantense trece árbores existentes e se súmanse outros nove exemplares e catro máis en xardineiras, ata un total de vinte seis unidades.

Leer más:   Concello e Goberno de España colaborarán na construción de vivenda de alugueiro taxado

Para o alcalde esta obra “é moi importante polo número de habitantes na zona e como sirve de distribución a outras zonas da cidade”. “Unha nova gran avenida no proceso de humanización que estamos a conseguir na cidade de Vigo”, concluíu.

Melloras na mobilidade no rural

Caballero anunciou que o Concello está a tramitar o contrato para a instalación de lombos de asno e pasos elevados, maioritariamente no rural. Nas próxima semanas pasará pola Xunta de Goberno Local a instalación dee 33 pasos resaltados.

Estarán situados en rúa Caeiro, avenida rúa Amaro, Cesáreo Vázquez, Seixo, Severino Cobas, Figueiras con Caeiros, Estrada de Casás (2), San Xoan, Carrasqueira, Simancas, Fontiñas, Matamá Pazo, camiño dos Pelaios, Mestres Goldar (2), Goleta, Carballal, Macal, carreteira Regueira, Lalín San Amaro, Parachán, Becerreira, camiño Concello, avenida Santa Mariña, Águia con Becacina, Canteiros, avenida da Marina Española con rúa Ríos, camiño da Falcoa, Irmáns Misioneiros, Olimpia Valencia

Leer más:   O alcalde mantén un encontro coas xerentes dos hipermercados Carrefour de Vigo

“Temos outros 30 máis que imos contratar de forma urxente”, anunciou o alcalde. Vigo conta con 297 redutores de velocidade instalados polo actual goberno local, aos que hai que sumar este 66 más. “Os veciños e veciñas poden achegarnos as súas demandas. A velocidade debe ser respectada”, afirmou.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEl temporal provoca la cancelación de14 vuelos en 24 horas en el aeropuerto de Vigo
Artículo siguienteO Concello oferta 27 espectáculos no “programa máis ambicioso de Vigocultura” para o primeiro semestre de 2023