Inicio Últimas Noticias Vías e Obras ...

Vías e Obras Abel Caballero inaugura a humanización de Gregorio Espino O alcalde visitou o remate das obras e inaugurou a obra da fase IV de Gregorio Espino que contou cun orzamento de 1.600.000 euros. Caballero tamén anunciou en rolda de prensa que proximamente comezará o contrato para a instalacións de lombos de asno e pasos elevados, maioritariamente no rural.

mércores, 18 xan 2023

“Superamos a barreira dos 300.000 habitantes” apuntou o alcalde este mércores ao achegar o dato actualizado do Padrón municipal que, segundo avanzou, “segue medrando. Estamos tendo un reforzo moi importante de xente que se empadroa, superando amplamente os 300.000 habitantes”. Sobre as causas que explican este incremento poboacional, Caballero apuntou que “Vigo é unha cidade marabillosa na que a economía tira, cunha altísima calidade de vida” e malia que a pandemia debilitou a poboación de tódalas cidades “está habendo unha recuperación importante. Somos unha cidade de atracción”.

mércores, 18 xan 2023

O alcalde presentou este mércores a programación municipal de artes escénicas, que comeza o 27 de xaneiro con “Pachamama” de Troula Animación en Príncipe, e que ofrece espectáculos de danza, circo, maxia e teatro para tódolos públicos ata o 30 de abril.

mércores, 18 xan 2023

O aeródromo vigués pechou o mes de decembro con 86.380 pasaxeiros, un 27,5% máis con respecto ao 2019, ano de referencia previo á pandemia. Tamén subiron as operacións nun 37,3%. O aeroporto de Vigo foi o que máis medrou en Galicia no último mes de 2022.


- Te recomendamos -