Inicio Últimas Noticias Abel Caballero: " Vigo é o mellor estudio de rodaxe do planeta"

Abel Caballero: " Vigo é o mellor estudio de rodaxe do planeta"

O rexedor vigués participou esta mañá na presentación da Vigo Film Office na Feira Internacional de Turismo (Fitur).

A Vigo Film Office presentouse esta mañá en Madrid, onde esta levandose a cabo a Feira Internacional de Turismo. Na súa posta de largo contou coa actuación de Débora Vukusic e a concelleira e actriz Uxía Blanco.

Posteriormente interviu o alcalde da cidade, pondo en valor a industria cinematográfica de Vigo, que permite que os produtores dispoñan de profesionais para todo tipo de labores que require o sector. Ademais, insistiu en que os proxectos que pretendan rodar na cidade contarán co apoio do Concello, como xa sucedeu con plataformas como HBO ou Netflix.

Caballero destacadou a urbe como o lugar “perfecto” para rodar calquera tipo de audiovisual grazas ás súas rúas, as súas praias, as súas fábricas, a súa zona vella ou as súas xentes. “Xogamos na liga de París e de Londres. Agora en lugar de rodar en París, rodan en Vigo. En lugar de rodar de Hollywood, rodan en Vigo. Témolo todo”, reivindicou. Para o alcalde, é importante que Vigo teña cultura e puxo en valor a importancia económica que supón que unha rodaxe leve a cabo na cidade.


- Te recomendamos -