Inicio Últimas Noticias Vigo presenta en Fitur o éxito do Nadal con 3 millóns de...

Vigo presenta en Fitur o éxito do Nadal con 3 millóns de visitantes

Abel Caballero amosou na presentación da Feira Internacional de Turismo o orgullo da cidade: “Isto é Vigo. O entusiasmo das persoas cando chegan ao Nadal de Vigo”. O acto foi presentado pola xornalista de Radio Vigo Paula Montes e conducido polo xornalista Rodolfo Irago, que deu paso ao alcalde da cidade como “o máis influencer dos influencers”. Vigo deuse a coñecer nun vídeo promocional onde ademais do Nadal destaca as Illas Cíes, a festa da Reconquista, os concertos de Castrelos e a gastronomía.

Vigo volveu a emocionar na Feira Internacional de Turismo coa súa proposta para o ano 2023. No stand de TurEspaña, nun acto presentado pola xornalista de Radio Vigo Paula Montes e conducido polo xornalista Rodolfo Irago, Abel Caballero amosou o orgullo de cidade ante o éxito do Nadal, que atraeu a tres millóns de visitantes a Vigo en dous meses.

O alcalde dixo que Vigo encabeza a liga de luces de Nadal que existe entre New York, London, París e Roma. “Vigo irrompeu e é a felicidade e a ilusión”, afirmou. Caballero relatou que o Nadal é unha cultura que encontrou a forma de abrigarse na ría de Vigo coa marabilla das luces: “A xente que vén é unha entusiasta”.

Caballero seguiu reivindicando a cidade coa súa historia a e festa da Reconquista, que agora xa dura 12 días. Ata houbo tempo no escenario de chancear sobre se era boa idea ou non que Shakira dera un concerto en Vigo este verán. Sobre o entroido: “Que treme Río de Janeiro”, dixo ante o público.

Vigo presentouse en primeira persoa nun vídeo promocional onde destaca as Illas Cíes, a súa historia co foco na Reconquista, o seu modelo de mobilidade sostible: con ramplas, ascensores e escaleiras mecánicas, o proxecto cultural e de ocio, cos concertos de Castrelos nos que xa subiron ao escenario artistas como Sting, Maná ou Lola Índigo. Capital gastronómica e cidade do deporte, e, non podía faltar, o mellor Nadal do Mundo.

Vigo: millóns de visitantes acredítannos. E así foi no ano 2022, cun Nadal que encheu as rúas da cidade máis grande de Galicia. O mellor Nadal do mundo, que xa referencian centos de xornalistas e medios de comunicación como o reclamo turístico máis importante que fai que Vigo teña máis visitantes nesta época que ningunha outra cidade.

Ademais do Nadal, Vigo se exhibe en FITUR como unha cidade amiga que ofrece todo o seu potencial para os visitantes e turistas. Entre as imaxes vemos batallas, os castros celtas e a fortaleza de O Castro ou os murais que enchen de cor as rúas. Non pode faltar o patrimonio natural, coas Illas Cíes por bandeira e recoñecidas por ter a praia máis fermosa do mundo.

A cidade invita ás persoas porque di ser xenerosa e única, cunha cita imperdible cada verán en Castrelos cos concertos dos mellores artistas, cun proxecto de mobilidade sostible para salvar a súa orografía grazas aos distintos elementos mecánicos. Unha orografía que permite ter unhas vistas da ría e panorámica de cidade exclusivas no mundo.

Non pode faltar a invitación á mellor cociña do país. Vigo como capital gastronómica, cun produto e materia prima de primeira calidade onde os chefs traballan de xeito tradicional ou transgresor as mellores receitas. Vigo presume de clima atlántico, cun verán de máis de tres meses onde se dan cita miles de aficionados do deporte urbano no Marisquiño.

Vigo di estar ben, máis que ben. Manifesta ser idealista, boa amiga e gran anfitrioa. Por iso, invítate a vir cando queiras para ser recibido cos brazos abertos e un sorriso. Vigo: millóns de visitantes acredítannos.


- Te recomendamos -