Inicio Últimas Noticias Alcaldía ...

Alcaldía O Pleno aproba entregar a distinción de honra “Cidade de Vigo” ao presidente do Grupo Radio Vigo de Comunicación O Pleno do Concello validou esta mañá a proposta do goberno local de entregar a distinción honorífica Cidade de Vigo a Eugenio González de Haz y Vizcaíno, presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables do PSOE e do PP e a abstención do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito.

luns, 23 xan 2023

Abel Caballero deu conta das dous primeiras resolucións das Comisións de Axudas de Emerxencia do ano 2023 nas que o Concello achegou gastos de primeira necesidade a 500 persoas. O goberno local segue co dispositivo do frío en marcha: “Ninguén en Vigo durme na rúa se quere ter un teito”, expresou o rexedor.

luns, 23 xan 2023

Utilizarase o novidoso método dos “dentes de dragón”, que como sinalou Abel Caballero “son marcas viais que dan sensación de gran estreitamento, forzando a diminución da velocidade”.

luns, 23 xan 2023

Nun acto organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e o Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica (CEAPI), Abel Caballero, puxo en valor as potencialidades de Vigo na automoción, na pesca, no naval, nos servizos e no turismo. Unha cidade que “tende a man a tódalas persoas que queiran vir”.

luns, 23 xan 2023

O rexedor mantivo un encontro este luns con grupo estudantes italianos da cidade de Sassuolo, en Módena, do prestixioso instituto ITCG Alberto Baggi, que se atopan na cidade convivindo con alumnado do colexio Mª Inmaculada Carmelitas en Pi y Margall. A visita enmárcase no programa Erasmus e que se desenvolve baixo o título “Sensibilidade, multicultural e crecemento profesional: obxectivos desafiantes”. O alcalde animounos a pasear pola cidade e coñecer tódalas posibilidades que existen.


- Te recomendamos -