Inicio Últimas Noticias O alcalde destaca as potencialidades de Vigo para establecer nexos con Iberoamérica

O alcalde destaca as potencialidades de Vigo para establecer nexos con Iberoamérica

Nun acto organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia e o Consello Empresarial Alianza por Iberoamérica (CEAPI), Abel Caballero, puxo en valor as potencialidades de Vigo na automoción, na pesca, no naval, nos servizos e no turismo. Unha cidade que “tende a man a tódalas persoas que queiran vir”.

O rexedor comezou a súa intervención sinalando que “Vigo é a cidade da economía” e apuntando algúns datos sobre a situación municipal: é o primeiro concello que conseguiu ter débeda cero logo da crise de 2008, logo de liquidar en tres anos a débeda de 62 millóns de euros herdada dos gobernos anteriores; Vigo é o municipio mellor pagador de España, cun prazo medio de entre 8 e 9 días; ten a presión fiscal máis baixa de Galicia e mantén os impostos e taxas municipais conxelados nos últimos catro anos. Ademais, lembrou que a cidade se situou entre as catro españolas con máis marca internacional xunto con Madrid, Barcelona e Bilbao. “Vigo ocupa un lugar no planeta no que non estabamos. Fomos capaces de lanzar un proxecto de cidade unanimemente”.

Leer más:   O TerraCeo pecha cartel con Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón

No seu discurso fixo fincapé nos aliados que ten a cidade para desenvolver os seus proxectos, citando ao Goberno de España, á Deputación de Pontevedra e a Zona Franca. No caso do Estado, citou o compromiso con Stellantis que “vai ter alta tensión de forma inmediata”, logo de que se ignorara a petición feita no ano 2015, e estando incluído xa no primeiro Perte, formará parte integral do segundo Perte do automóbil “que se adecuou para facer coincidir os calendarios de Europa cos seus”. Respecto ao Perte do Naval, salientou que se lanzara desde a cidade, puxo en valor a chegada de fondos europeos a Vigo desde transporte, comercio, turismo ou edificios e a inclusión da cidade no segundo Plan de Turismo do Estado como o “proxecto turístico emerxente máis importante de Europa. Somos unha gran potencia turística”.

Leer más:   Abel Caballero: "David Regades é o mellor delegado da Zona Franca de toda a historia"

Así mesmo, Caballero referiuse á débedas coa cidade: “deixáronnos sen tren de alta velocidade”, estando agora en marcha o estudo hidroxeolóxico e “imos ter luz verde á alta velocidade Vigo-Cerdedo-Madrid”. Sobre a autovía en túnel apuntou que está en desenvolvemento o estudo de alternativas para un proxecto no que se investirán 350 millóns de euros, criticando que o anterior presidente autonómico lle pedira á ministra de Transportes que non a executaran. Sobre a seca, destacou a obra da nova potabilizadora que prestará servizo a Vigo, Cangas, Moaña, Redondela e Mos e que “paga Vigo exclusivamente”.

O alcalde dirixiuse a Núria Vilanova, presidenta de CEAPI, para trasladarlle a afectividade e proximidade da cidade con Iberoamérica e as posibilidades de establecer nexos empresariais: “Vigo é unha potencia en automoción, pesca, naval, servizos e agora turismo. É o que queremos trazar cara a cidade e o resto de lugares onde debemos estar”. Referiuse tamén ás moitas persoas que saíron da cidade cara aos países de Latinoamérica a quen “lle tendemos a man sempre. Vigo ten as súas portas abertas sempre a todos os que queiran vir, se é de Iberoamérica moito mellor. En Vigo todos somos igual, nacésemos onde nacésemos e sexamos como sexamos”.

Leer más:   Abre o prazo de inscrición para as visitas ás Illas Cíes do "Camiño a Camiño" os domingos 19 e 26 de maio


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Concello concede 190 axudas de emerxencia cun importe de 40.550 euros
Artículo siguienteAlcaldía O Pleno aproba entregar a distinción de honra “Cidade de Vigo” ao presidente do Grupo Radio Vigo de Comunicación O Pleno do Concello validou esta mañá a proposta do goberno local de entregar a distinción honorífica Cidade de Vigo a Eugenio González de Haz y Vizcaíno, presidente de Radio Vigo Grupo de Comunicación. A iniciativa saíu adiante cos votos favorables do PSOE e do PP e a abstención do Grupo Mixto e do concelleiro non adscrito.