Inicio Últimas Noticias O Concello concede 190 axudas de emerxencia cun importe de 40.550 euros

O Concello concede 190 axudas de emerxencia cun importe de 40.550 euros

Abel Caballero deu conta das dous primeiras resolucións das Comisións de Axudas de Emerxencia do ano 2023 nas que o Concello achegou gastos de primeira necesidade a 500 persoas. O goberno local segue co dispositivo do frío en marcha: “Ninguén en Vigo durme na rúa se quere ter un teito”, expresou o rexedor.

O Concello concedeu nos primeiros quince días do ano 190 axudas de emerxencia cun importe de 40.550 euros. O alcalde deu conta das resolucións das Comisións de Axudas de Emerxencia celebradas no 2023 coas que foron atendidas máis de 500 persoas.

As solicitudes máis demandadas son para o pago do alugueiro e as facturas de luz, así como os gastos en alimentación. Precisamente, nas bases da convocatoria de 2023 medraron as contías para os alugueiros e alimentación, acorde a suba de prezos e a inflación. Como novidade, Caballero lembrou que este ano está tamén incluído o bonotaxi nas Axudas de Emerxencia.

O rexedor puxo de manifesto a axilidade total do goberno local na política de benestar social, onte tamén desde o primeiro día hábil do ano as entidades sociais poden achegar a documentación para recibir as subvencións: “Se asigna o 50% da subvención e o resto despois do verán”, afirmou.

Dispositivo frío

Desde que comezara o dispositivo do frío a finais de novembro rexistráronse 135 pernoctas nas camas habilitadas para tal fin. Ademais disto tamén achegáronse bebidas quentes a case 150 persoas e se aportan mantas para as persoas que as soliciten.

Abel Caballero lembrou a atención as persoas que precisan dun lugar para resgardarse do frío e que poden achegarse ao albergue municipal onde hai unha sala con calefacción e pódense realizar distintas actividades de ocio.

“Ninguén en Vigo durme na rúa se quere un teito para durmir”, dixo o alcalde, que informou que o primeiro procedemento é achegarse ao albergue municipal, se se enchen as vacantes hai derivación ao albergue de Santa Cruz e en caso de cheo actívase o protocolo de derivación aos hostais.


- Te recomendamos -