Inicio Últimas Noticias O goberno local mellorará a seguridade peonil nos accesos o CEIP Emilia...

O goberno local mellorará a seguridade peonil nos accesos o CEIP Emilia Pardo Bazán

Utilizarase o novidoso método dos “dentes de dragón”, que como sinalou Abel Caballero “son marcas viais que dan sensación de gran estreitamento, forzando a diminución da velocidade”.

O rexedor anunciou esta mañá na rolda de prensa a modificación dos accesos ao CEIP Emilia Pardo Bazán, que como explicou “dende a área de Seguridade levan meses traballando nas alternativas”.

O modelo decidido para o Camiño do Chouzo denomínase “dentes de dragón”, consistindo no pintado no asfaltado dunhas marcas viais triangulares que producen unha sensación de estreitamento. Os “dentes de dragón” son un modelo de sinalización horizontal novidoso que ata o momento non se había utilizado en Vigo.

Levarase a cabo o pintado de 60 “dentes” en cada marxe, co obxectivo de sinalizar todo o percorrido do vial que coincide co colexio, preto de 135 metros de longo que contará cunha senda peonil na marxe dereita de 1,5 metros.

Leer más:   O alcalde celebra a aprobación da rede de moi alta tensión eléctrica para Vigo


- Te recomendamos -
Artículo anteriorO Pleno aproba entregar a distinción de honra “Cidade de Vigo” ao presidente do Grupo Radio Vigo de Comunicación
Artículo siguienteO alcalde destaca as potencialidades de Vigo para establecer nexos con Iberoamérica