Inicio Últimas Noticias Seguridade ...

Seguridade Vigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros O Concello comeza as obras do novo parque de bombeiros que estará situado en Tomás Alonso. O investimento é de case 3 millóns de euros e o novo emprazamento para os bombeiros estará rematado no prazo dun ano. “É un edificio 5.0”, dixo Caballero en rolda de prensa.

martes, 24 xan 2023

Abel Caballero manifestou que “é unha gran noticia para a cidade e que Vigo segue avanzando”. O alcalde defendeu este luns no Círculo de Empresarios que Vigo tería a subestación coa moi alta tensión e así o confirmou este martes a vicepresidenta terceira e ministra para la Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, tras o Consello de Ministros. Caballero xa solicitara en 2015 esta cuestión, de gran importancia para o tecido industrial da cidade, ao Goberno de Mariano Rajoy, que fixo caso omiso. Precisamente, hoxe en rolda de prensa, o rexedor criticou o silencio de Rueda e Feijóo nese momento.

martes, 24 xan 2023

Abel Caballero deu conta da situación actual da grada, que xa conta con catro das sete pezas colocadas. O Concello tamén informou ao club da localización das 4 cantinas que terá a grada.

martes, 24 xan 2023

Os datos do instituto Nacional de Estadística confirman o Nadal de Vigo como unha potencia turística, situando a Vigo como a primeira cidade de Galicia. O Ministerio de Transportes, mediante seguimento de sinais móbiles, situou en máis de 47.000 os visitantes diarios a cidade.

martes, 24 xan 2023

O goberno local conmemorará o Día Mundial dos humedais con dúas actividades que incluirán visitas e percorridos medioambientais. O xoves 2 de febreiro será a quenda escolar, cunha visita didáctica ao humedal da Bouza, mentres que o domingo 5 de febreiro está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.

martes, 24 xan 2023

O alcalde mantivo un encontro co novo presidente da Federación, Iván Sanmartín, no que lle trasladou que o atletismo terá instalacións na grande cidade do deporte na Balsa e en Balaídos.


- Te recomendamos -