Inicio Últimas Noticias Vigo súmase á campaña da Unesco “Pola restauración dos humedais”

Vigo súmase á campaña da Unesco “Pola restauración dos humedais”

O goberno local conmemorará o Día Mundial dos humedais con dúas actividades que incluirán visitas e percorridos medioambientais. O xoves 2 de febreiro será a quenda escolar, cunha visita didáctica ao humedal da Bouza, mentres que o domingo 5 de febreiro está previsto un acto familiar con actividades para todas as idades cun roteiro ecolóxico e xogos lúdicos.

Como todos os anos, O Concello de Vigo secunda a campaña da Convención de Ramsar da Unesco a prol das zonas húmidas de todo o planeta, que neste ano ten o lema “Pola restauración dos humidais”. O acto de conmemoración está previsto para o xoves 2 de febreiro, entre as 10:30 e as 13:00, no humidal da Bouza. O obxectivo da actividade é sensibilizar ao alumnado de terceiro de Primaria dos Ceips Seis do Nadal e Illas Cíes sobre os valores medioambientais dos humidais e a importancia que teñen para preservar a biodiversidade.

Leer más:   Caballero e o cónsul de Venezuela poñen en común cuestións de actualidade

Tal e como detallou, no termo municipal de Vigo cóntase cunha extensión de humedais que alcanza os 314.000 m2, “gran riqueza ecolóxica”, destacando en augas doces A Bouza, Goberna, Muíños, O Bao, Fontes-Pertegueiras e Barreiro e, en augas salobres, a Xunqueira do Lagares.

Na presente edición, abordaranse os humidais que se están rexenerando, en particular, o humidal da Bouza. Neste caso, combínase un espazo
lúdico para a cidadanía viguesa, cun espazo que alberga a reserva dunha variada flora e fauna. Durante a xornada, poranse de manifesto os problemas derivados de plantas invasoras ao tempo que se fará referencia a que un humidal ten vida propia e vai alterando o seu curso por causas naturais e pola intervención humana.

Leer más:   Vías e Obras Travesía de Vigo e Aragón xa se comunican por un corredor mecánico que salva 17 metros de altura O alcalde participou esta mañá na inauguración do novo corredor do programa “Vigo Vertical” que inclúe un ascensor e unha rampla mecánica e no que se investiron máis de 1,5 millóns de euros, unha parte financiados con fondos Next Generation.

Nesta edición 2023 está previsto realizar tamén un evento familiar. Terá lugar o domingo 5 de febreiro. Un percorrido polos humidais do Río
Lagares e A Bouza. A convocatoria será ás 09,30 h na Bouza desde onde se trasladará gratuitamente aos asistentes en autobús ata a Xunqueira do Lagares. Ás 10,30h comezará un percorrido interpretado polos humedais do Lagares e A Bouza e ás 11,00 h están previstos xogos medioambientais e lúdicos. A inscrición estará aberta no 010 ata o venres 3 de febreiro.


- Te recomendamos -
Artículo anteriorEste venres 27 de xaneiro elévase a quinta parte da estrutura da grada de Marcador
Artículo siguienteSeguridade Vigo terá en 2024 un novo parque de bombeiros O Concello comeza as obras do novo parque de bombeiros que estará situado en Tomás Alonso. O investimento é de case 3 millóns de euros e o novo emprazamento para os bombeiros estará rematado no prazo dun ano. “É un edificio 5.0”, dixo Caballero en rolda de prensa.