Inicio Últimas Noticias Hostaleiros e comerciantes organizan un acto para recoñecer o labor do Concello...

Hostaleiros e comerciantes organizan un acto para recoñecer o labor do Concello na campaña do Nadal

O alcalde trasladou esta mañá o seu agradecemento polo acto de recoñecemento organizado por hostaleiros e comerciantes pola campaña do Nadal. En rolda de prensa, explicou que tamén recibiu mensaxes de gratitude doutras localidades que tamén se beneficiaron do efecto das luces de Nadal de Vigo.

O alcalde avanzou esta mañá que esta mesma semana o Concello recibirá un recoñecemento por parte do sector da hostalaría e do comercio pola súa labor na campaña do Nadal. Caballero, quen cualificou de “colosal” o período navideño, anunciou a súa presenza no acto e agradeceulles esta homenaxe por un traballo que “foi exclusivo do Concello e da cidade”. En rolda de prensa, explicou que recibiu mensaxes de gratitude de hostaleiros e comerciantes doutros territorios dado que o efecto do Nadal de Vigo chegou aos seus negocios. Concretamente, referiuse a lugares como O Morrazo, o Grove ou localidades da Área Metropolitana.

Leer más:   O Concello participa no "Día Internacional dos Xardíns Históricos" con visitas guiadas ao Pazo Quiñones de León


- Te recomendamos -
Artículo anteriorA cidade apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública o 12 de febreiro en Santiago
Artículo siguienteVigo esixe que a Xunta faga compatible a Risga co Ingreso Mínimo Vital